Saturday 18 de May de 2024

O Partido Popular de Miño lamenta a elevada subida do recibo da auga acordada polo goberno municipal


O goberno municipal de Miño decidiu que os veciños de Miño teñan que pagar un 10,5% máis no seu recibo da auga. A xustificación que o alcalde Manuel Faraldo buscou para isto, é que o contrato ten estipulado unha subida do recibo en función do IPC.

O Partido Popular sinala que ese contrato está caducado. Por iso en pleno esixiráselle que saque a concurso a prestación do servizo e que o novo contrato evite aos veciños ter que soportar este incremento nun servizo básico.

A pesar de que o servizo se incrementará nun 10,5% a prestación do mesmo cada vez é de peor calidade. Desde hai un tempo os veciños estivéronse queixando de que a auga sae turbia, o que obriga a que teñan que comprar garrafas de auga para o consumo. Dirixíronse ao concello para que resolva o problema, pero, como vén sendo habitual, non obtiveron ningunha solución.